Mazaricos prepara a súa I San Silvestre do Leite de Mazaricos

Fantástica iniciativa a do Concello de Mazaricos, Eu Son Mazaricos e DeportesMZ coa colaboración de Feiraco. Mesturando dúas cousas tan saudables como o correr (ou running…) e o leite, estrean a I Carreira do Leite de Mazaricos será unha auténtica San Silvestre, que se culminará co Brinde Leiteiro na Praza da Feira da Picota que xa tivo un rotundo éxito o ano pasado.

Así, o sábado 31 de decembro, ás 12:00h sairán os pequenos na súa milla, e ás 12:15h farano os maiores para a carreira de 4 kilómetros. Á chegada, arredor da 13:00h, o brinde de fin de ano.

Inscricións e máis información: www.mazaricos.gal ou 981 86 71 04.

Fonte
  • Concello de Mazaricos.