Miriam Domínguez, ao Campionato Estatal de tenis de mesa

Familia Anorthosis en Valladolid Segue dando boas novas a familia do Anorthosis. Desta volta, o equipo soneirán celebra que Miriam Domínguez quedou clasificada en 9ª posición, na categoría infantil femenina, no torneo zonal celebrado en Lugo os días 31 de outubro, 1 e 2 de novembro. Esta posición dalle dereito a participar no torneo estatal que se celbrará en Valladolid durante o antroido de 2016. Miriam realizou un bo torneo e, despois de quedar 3ª no seu grupo, foi superada en oitavos pola cántabra Muriel García e logo superou a tamén cántabra Eugenia Boghean e a Sheila Fernández de Asturias para conseguir o posto noveno final.

Mala xornada para o resto da familia

Resultados pobres para o resto dos representantes do Anorthosis pois ningún deles foi capaz de superar a fase previa de grupos. Sábese que a este torneo asisten os mellores de cada rexión pero terán que entrenar con máis implicación para dar a talla nos torneos importantes. En total foron 10 os deportistas desprazados ata Lugo, moitos deles acompañados polas familias e iso dálles ánimo para continuar con forza pois a familia do Anorthosis si está implicada.

Novas relacionadas

Crónicas da temporada pasada

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).