Novas rutas ciclistas para Coñecer Carballo

Fantásticas as nova serie de rutas ciclistas "Coñece o teu Concello" que presenta o Club Ciclista Carballo Placasa coa colaboración de Carballo Deporte. Unhas rutas que serven para facer deporte e para ar a coñecer o patrimonio cultural e paisaxístico do municipio nuns percorridos adaptados para a toda a familia que poden realizar todas as persoas maiores de 10 anos.

As rutas transcorren entre o sábado 11 de abril e o sábado 2 de maio e contan cunha media de lonxitude de aproximadamente 20 quilómetros para facelas alcanzables para o maior número posible de afeccionados á bicicleta.

Rutas “Coñece o teu Concell”

  • Ruta 1: sábado 11 de abril. De 19 quilómetros de lonxitude e baixa dificultade, transcorre por Sísamo, Goiáns, Cances e Oza.
  • Ruta 2: sábado 18 de abril. De dificultade media e 19,5 quilómetros, visita Artes, Sofán, Berdillo e Bértoa.
  • Ruta 3: sábado 25 de abril. Ten unha dificultade baixa e transcorre por Ardaña e Rus e visita a Férveda de Rus. Está especialmente dirixida a BTT (Bibicleta Todo Terreo).
  • Ruta 4: sábado 2 de maio. Repítese por segundo ano unha ruta BTT que transcorre polas rutas forestais e estradas do Concello e que pasa polos núcleos de Sísamo, Bas e Goiáns. A dificultade é media.

Os interesados e interesadas en asistir tan só teñen que presentarse na Praza do Concello cada sábado que haxa ruta a partir das 16.00 horas e inscribirse no momento. A participación é de balde.

Fin de semana deportiva

Ca Ruta ciclista dende Sísamo completarase cunha fin de semana chea de actividades deportivas. O mesmo sábado 11 teremos, pola tarde-noite a Carreira noctura e solidaria por parellas De 2 en 2, e para o domingo poderemos achegarnos á BTT de Dumbría.

Novas relacionadas

Fonte