O legado de Simón

O susto protagonizado polo futbolista do Lira no encontro ante o Muxía, do que xa se recupera favorablemente, invita á enésima reflexión sobre seguridade no fútbol modesto
Simón, futbolista do Lira Acostumados a andar a tirarnos os trastos pola más mínima tontería e a acadar menos acordos que os políicos nacionais, os clubes da Costa tamén son especiais nos momentos de dificultade. Hai situacións que, afortunadamente moi de vez en cando, provocan un paréntese, un momento de silencio e reflexión colectiva que establece un lazo de unión común. Sucedeu no 2010 na final de Copa Xuvenil entre Corme e Muros, o ano pasado coa desaparición dun Infantil do Muxía e de novo tocou este curso. Un deses intres que o paraliza todo tivo lugar o pasado domingo en Carnota, no encontro que enfrontaba a Lira e Muxía na Terceira Galega. Un balón escapaba sen dono cara á línea de banda, e nunha limpa pugna por el un futbolista visitante e o local Simón chocaron, coa mala sorte de que este último saía despedido contra a valla. Houbo inmediatamente un silencio delator. O xogador liracho non era capaz de respirar, víctima dunha fractura de tres costelas e unha bolsa de aire na pleura que complicaba todo. Só uns días despois, Simón Barbeira Fernández (Muxía, 1981) se recupera do susto, abraiado das mostras de cariño de tódolas entidades da zona e cun discurso de agradecemento sincero hacia uns veciños que parecen responder a iso de "canto máis reñidos, máis queridos". "Sorprendéronme as mostras de apoio, e moito, tanto os dous equipos coma os seareiros volcáronse comigo", confesa. Curiosamente, o destino lle tiña gardado a Simón este trago ante o equipo da súa vila natal, no que militara desde que empezou a darlle patadas a un balón. Manín e o novo proxecto do Lira o reclutaran o pasado verán, despois dunha década inactivo e só aparicións esporádicas no fútbol sala. "A vida é así; entre o traballlo, a filla e que marchara de Muxía pasou o tempo", explica un home ao que o susto non lle vai quitar agora as ganas de darse unha penúltima alegría no fútbol. "Xa non vexo o día de volver a un campo de fútbol", advirte. "Espero voltar canto antes, pero sei que isto leva o seu tempo", engade. Para ver de novo a Simón coa camiseta do Lira haberá que agardar a 2017. Por diante lle queda agora un tempo de convalecencia de polo menos tres meses. Pero el mellor que ninguén sabe que o fútbol o toma sen presa. No horizonte, o centrocampista xa xoga imaxinariamente o seu partido de retorno en Arliña, na súa casa e ante a súa xente. De feito, o Muxía foi a primeira entidade que se manifestou públicamente para dar o seu apoio ao Lira e ao futbolista, ao que calificou de persoa admirada e moi querida na localidade. E mentres, o susto de Simón deixa outra mensaxe para a reflexión. O pasado domingo foi un aviso. As vallas e a súa función real nos terreos de xogo. Co gallo do incidente foron moitos os clubes que chamaron a tomar medidas. E que Simón disfrute xa vestido de curto das solucións.