O Muxía e o Cristal únense para homenaxear xuntos a Abdoulaye e a Moussa Cisse

Que emotiva vai ser a cita deste vindeiro sábado 13 de maio, ás 17:00h, en Arliña. Dous clubs unidos pola desgracia, que queren xuntar forzas para render homenaxe a dous rapaces senegaleses que tanto deron e tan pouco pediron.

Abdoulaye Fall Seck, xogador do Muxía CF, falecía aos 15 anos en Muxía, xogando no memso campo de Arliña, o 23-04-2016. Mouse Cisse, do Club Deportivo Cristal da Coruña,desaparecía nas augas do Orzán aos 17 anos o pasado 10-04-2017.

Precisamente, o ano pasado, o club herculino chamara ao muxián para facerlle unha homenaxe a Abdoulaye na Coruña. Paradoxas do destino, este ano será o Muxía o que organice un emotivo partido para recordar aos dous.

Haberá sorteos e a recadación irá destinada a unha ONG.

Novas relacionadas

Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)