O Soneira celebra o 50 aniversario en familia

Xa armaron unha boa Gala para celebrar o 50 aniversario do club, neste ano que viu, ademais, acompañado polo éxito deportivo e o primeiro título da súa historia da 1ª Autonónica. Pero a familia do Soneira SD quere facer unha xuntanza histórica, que una aos míticos do club cos actuais xogadores e directivos. Para iso xa prepara un gran xantar para este sábado 28 de maio no Restaurante Pastoriza, e aínda teñen prazas para que poidas disfrutar con eles da sona do equipo soneirán.

A homenaxe arrincará ás 12:00h coa misa, en memoria de todos os que foron parte da familia soneirá pero que xa non están aquí. De seguido, recepción municipal ao equipo actual para celebrar o ascenso, e despois xa aperitivos varios, e antes de xantar, un fermoso vídeo feito por Lois Leis con imaxes históricas do equipo.

Haberá pantalla xigante para ver a final da champions tamén.

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com)