O Vila de Cee estrea temporada vencendo ao Troula e esperando a todo un Parrulo
Tralo triplete do ano pasado, o Villa de Cee estreou tempada no pavillóm municipal de Cee co primeiro partido oficial do equipo Senior Masculino. Era a Fase previa da Copa da Diputación contra o Troula Fs e ante unhas 80 persoas, os ceenses conseguían vencer e pasar de fase.
Magnifico debut dos ceenses que coma premio pasan a seguinte fase a cal disputarán este martes 6 de setembro, ás 21:30h no Pavillón de Cee, ante un dos clásicos Galegos do Fútbol Sala, O Parrulo de Ferrol, que actualmente compiten na 2ª Division Nacional. A disfrutar todos do partido e unha gran oportunidade para ver na casa un grande do Futbol Sala.
Copa Deputación, Fase Previa
- Resultado: FSF Villa de Cee - Troula FS (2-1)
- Villa de Cee: Bruno e José Angel (p), Juanjo, Aitor, Mario, Roberto, Marroco, Hidalgo e Gabi.
- Goles: 1-0: Roberto; 1-1; 2-1: Aitor.
Comenzaron os ceenses un pouco nerviosos, acusando que aínda estamos en plena fase de pretemporada, e con numerosas baixas. O Troula controlaba o xogo, mentras os locais esperaban atrás defendéndose moi ben e intentando saír á contra, sempre conscientes de que o rival amosábase por experiencia superior. Os homes de Llopis cada vez ían atopándose mellor e defendianse moi ben sempre acompañados con moi boas intervencións do porteiro Bruno que nsúa estrea e sendo o máis novo do equipo, fixo un partido impresionante. Ben cerradiña a portería, mediada a primeira parte, nunha contra, os locais conseguiron marcaro 1-0 por obra de Roberto, que tamén estreaba a camiseta ceense. Pouco despois o Troula conseguía marcar o 1-1, no forte tiro que case atalla Bruno. Con todo remaou a primeira parte co 1-1.
Xa na 2ª parte de novo os ceenses repiten o idea do partido, ben cerradiños atrás con ansia de saír á contra, e case parecido a primeira parte, nesta ocasión Aitor consegue marcar o 2-1. Intentouno todo o Troula, chegando os 5 minutos finais saír de 5 ao ataque, pero os homes de Lloplis souberon sufrir en defensa, arroupados por un José Angel impresionante na porteria conseguindo rematar finalmente con 2-1, resultado máis que merecido e contra pronóstico.
Máis información
- Resultados da Liga Galega Norte Masculina.
-
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).