Lorena Costa representará ao CDM Piragüisimo Dumbría no campionato galego de Slalom Olímpico
Este domingo a partir das 10:00 horas o campo de slalom do Couquiño, en Olveira - Dumbría, acolle o campionato galego de Slalom no que participarán clubs de toda a comunidade. De feito, algúns deles xa entrenan estes días pola zona.
A modalidade do Slalom Olímpico está nun dos seus mellores momentos en Galicia e, de feito, algúns deportistas galegos representan a España en distintas probas internacionais. Esta tendencia augura un éxito na participación neste campionato que se disputa o domingo en Dumbría.
No campionato participarán clubes da zona como o CDM Piragüismo Dumbría que estará representado por Lorena Costa - que volve á casa despos de estrearse internacionalmente -, Iago Canosa e Marcos Sánchez que, segungo sinalan dende o club dumbriés, son as máis claras opcións dos locais de subir ó podium. O resto da reprensentación do CDM Piragüismo Dumbría está formada polos cadetes Francisco Romar e Xiana Castro, o mazaricán Brais Perez que tratará de facer o mellor na categoría xuvenil, e Marco Oreiro e Laura Antelo na categoría absoluta.