Os cursos de Vela da Deputación pasan de Corme a Corcubión

Os 40 rapaces e rapazas dos concellos da zona de Bergantiños e a Costa da Morte que participan na Campaña de Vela 2017 da Deputación da Coruña rematan hoxe os cursos de navegación que tiveron lugar en Corme durante toda a semana. Cursos que imparte a Federación Galega de Vela para mozos e mozas, de entre os 9 e os 18 anos.

Cursos que serven para aprender técnicas básicas de navegación con vela lixeira e windsurf e mesmo para facer un taller de nós mariñeiros.

A partir do luns, Corcubión acollerá a seguinte quenda dos cursos da Deputación.

Fonte

  • Deputación.