Os sénior do Volei Dumbría estrean o taboleiro de vitorias

Os seniors do Volei Dumbría gañaron na pavillón do Conco ao Ourense

Chegou a primeira vitoria do equipo senior do Volei Dumbría. O cadro, dirixido en esta ocasión por Luís Alberto Fernández, xogaba o domingo no Conco ante o equipo Burgas de Ourense, e vencía con certa facilidade.

1º División Senior masculino

  • Resultado: Voleibol Dumbría - Burgas 3-1.
  • Parciais (25-15, 25-19, 18-25, 25-14)
Unha vitoria cimentada na boa defensa e na superioridade na rede. Impuxéronse os locais nos dous primeiros sets con claridade e maila reacción dos ourensáns no terceiro set froito da relaxación do equipo volveron a apretar no cuarto e acadaron a primeira vitoria da liga.

1º División Xuvenil masculino

  • Resultado: Voleibol Dumbría - Burgas 0-3.
  • Parciais (20-25, 19-25, 19-25)
Derrota dos xuvenís no seu primeiro partido da tempada ante o que se supón vai ser o equipo máis forte da liga, pero o equipo de Luis Alberto non soubo como atacar a defensa dos ourensóns e non aproveitaron a súa superioridade no centro da rede. Ademais hai que sumar demasiados erros no saque e na defensa que explican a vitoria do Burgas.

1º División Cadete masculino

  • Resultado: Voleibol Dumbría - Burgas 3-0.
  • Parciais: (25-23, 25-9, 15-15)
Vitoria facil dos cadetes ante un equipo contrario que presentou pouca dificultade para o ataque dumbriés. Só no primeiro set aproximáronse un pouco, pero máis por ser o primer partido do equipo que por outra cousa.

1º División Infantil masculino

  • Resultado: Manuela Rial - Burgas 3-1.
  • Parciais (25-10, 25-23, 19-25, 25-12)
Segunda vitoria dos infantis do Manuela Rial que cando apretaron no saque e estiveron concentrados foron superiores, pero cando baixaron a concentración os de Burgas acadaron o único set que gañaron.

2º División Cadete femenina

  • Resultado: Voleibol Dumbría - Burgas 1-3.
    Parciais: (17-25, 25-23, 20-25, 21-25)
  • Resultado: Voleibol Dumbría - Bruxas 2-3.
    Parciais: (28-26, 15-25, 25-15, 19-25, 13-15)

As cadetes seguen sen acadar a primeira vitoria que lles dea a tranquilidade necesaria para poder desenvolver o seu xogo. Estiveron a piques no segundo partido que se dilucidou no tie-break coma a semana pasada, pero sen sorte.

Vindeira xornada

Esta fin de semana o xuvenil e cadete masculino visitan San Sadurniño. O cadete xogará o sábado as 10:30 h e o xuvenil as 12:00 h contra o equipo local de Aldebarán.

Novas relacionadas

Fonte

  • Volei Dumbría.