1ª Galega: Makanudo

Un gol de Adrián deulle un triunfo chave ao Dumbría na casa do segundo clasificado; o Fisterra reinventouse en Silleda e sacou cun par de ... rapaces os tres puntos; incrible guión no Zas-Outes no primeiro partido sen Víctor Pazos nun banco zases se que ocuparà Pablo Mallón.
Igualdade no Zas - Outes - Foto: Sporting Zas
A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook Sporting Zas 3-1 Outes Campo: San Andrés Sporting Zas: Anxo Pallas, Lagoa, Bruno (Bouzas m.58), Pablo, Anxo Tarrío, Josito, Manu, Dani, Chapela (Fabián m.87), Róber e Nolo Outes: Xandre, Borja, Dani Corniños, Chúa, Adrián, Martín, Eli, Sergio Yago Dosil, David e Mario Árbitro: Vázquez García (A Coruña). Expulsou a Manu (m.75) e Dani Mato (m.80) do Sporting Zas. Amonestou a Borja, Chúa, Maroñas e e Eli do Outes; Dani, Chapela do Sporting Zas Goles: 1-0 m.15 Chapela; 1-1 m.64 Chúa; 2-1 m.65 Chapela; 3-1 m.82 Chapela Chapela o mentalista Tres aparicións en momentos chave do atacante do Sporting Zas déronlle ao seu equipo o triunfo no derbi sobre un Outes que pareceu marchar do campo que máis podía saír mal nun encontro. Foron lixeiramente mellores os locais nunha primeira metade na que o protagonista da tarde adiantaría aos seus grazas a un gran remate desde a frontal do área. Foi maior a presencia sportinguista en campo contrario, ante un rival que preferiu nun asumir excesivos riscos. Variou notablemente o panorama nunha reanudación na que os visitantes darían varios pasos ao fronte e os locais tentaron administrar a renta. Igualaría Chúa á saída dun córner, pero entón chegaría outra aparición maxistral de Chapela: menos dun minutos despois da igualada aproveitaría un gran centro para facer o segundo. Caían os minutos e os pupilos de Cambeiro tentaban pechar ao seu rival por empurre. Semellaba imposible a resistencia coas expulsións de Manu e Dani Mato. Pero Chapela novamente discrepou. Asumiu con valentía unha contra en dobre inferioridade numérica e asinou un hat trick contra os elementos e contra unha lóxica que trouxo de cabeza ao Outes. Tordoia 0-1 Dumbría Campo: Gorgullos Tordoia: Santi, Alberto (Rubén m.84), Gonzalo (Sergio m.71), Jorge, Noya, Alemán, Denis, Pombo, Jose, Óscar Andrade e Dubra Dumbría: Iván Bouzón, Jose, Raúl, David Carreira, Iago, Adrián (Cristian m.77), Charly, Manu Nogueira (Rivi m.58), Diego Cespón (Pablo Conde m.81), Darío Capelo e Aarón Árbitro: Losas Otero (Santiago). Amonestou a Dubra do Tordoia; Darío Capelo, Diego Cespón, Iago e Adrián do Dumbría Gol: 0-1 m.23 Adrián Solomillo para un carnívoro Se hai un contexto de partido no que se mova á perfección Adrián ese é o que xogaron en Gorgullos Tordoia e Dumbría, segundo clasificado e líder respectivamente. Non enganaron a ninguén os locais, que buscaron elevar o nivel de intensidade e darlle un aspecto á tarde case de final. Perdeu notablemente o espectáculo, polo menos entendido como concesión ao preciosismo. As mellores foron para os costeiros: Aarón conectou un cabezazo que obrigou ao lucimento do meta local, mentres que Adrián resolveu a visita coa execución maxistral dun libre directo. Estivo activísimo e enchufadísimo o fisterrán, que entendeu que non só era cuestión da búsqueda de espazos, senón tamén facer sentir incómodo ao Tordoia na presión. Quedaba unha hora para achicar balóns e básicamente por aí pasou a chave: por desarmar o bombardeo tan directo coma previsible dun rival directo polo ascenso. Silleda 0-2 Fisterra Campo: Outeiriño Silleda: Jose, Jorge, Diego Iglesias (Manu m.65), Pablo, Nigueira, Barcala (Carlos m.46), Richard, Borja (Vilas m.69), Rubén, Diego Suárez e Jose Manuel Fisterra: Ángel Luis (Joselu m.90), Javi (Alesander m.70), Fabi, Breixo, Robertín, Gabri, Pablo Lestón, Champi (Ezequiel m.87), Jesús, Roco e Cote Árbitro: Fernández Lodeiro (Santiago). Amonestou a Barcala, Jorge e Vilas do Silleda; Gabri e Jesús do Fisterra Goles: 0-1 m.31 Breixo; 0-2 m.73 Champi 'Baby boom' da canteira Dous futbolistas con apenas unha decena de partidos de experiencia na categoría, Breixo e Champi, déronlle o triunfo ao Fisterra no campo dun Silleda encaixado na loita polo ascenso. Cunha convocatoria prácticamente irrecoñecible e as dúbidas dos encontros na casa, os verdes foron quen de reinventarse e sacar recursos alternativos para vencer con toda xustiza en Outeiriño. As dimensións do terreo de xogo obrigan a un plan B máis directo que o Fisterra interpretou á perfección. Pasada a media hora, un balón colgado desde o medio do campo deixou un rexeite que o central Breixo, cada vez con máis galóns, remachou a gol. A réplica dos do Deza pasaba por unha infructuosa insistencia no pelotazo, ante o que a versión 'Sub 20' dos verdes estivo de dez. Sentenciaría Champi, xa no segundo acto, no rexeite dun córner.