Recibimento oficial para a canteira referente do baloncesto base galego
Menudo temporadón que vén de facer a familia Artai. O club de Baloncesto, ao que por certo, temos que pedir desculpas por non atendelo como debería, foi recibido na Casa do Concello de Carballo este luns 30 de xuño. Unha acollida da man do alcalde e do Concelleiro de Deportes para festexar, sobre todo, os éxitos que tiveron na pasada Copa Primavera, na que dous dos seus equipos (Preminibasket e Minibasket) e outro subcampión (infantil feminino) en diferentes categorías.
Ata o Concello achegouse a familia completa: os adestradores e os nenos e nenas que conforman os equipos en categorías Preminibasket, Minibasket e Infantil feminina do Club Baloncesto Artai, así como o presidente da entidade, Joaquín Moreira, ademais de representantes do Colexio Artai e nais e pais dos xogadores e xogadoras.
Todo, para seguir demostrando que a de Carballo é unha "canteira referente en toda Galicia”, como sinalou Marcos Trigo. Emotivas tamén foron as verbas do presi, Joaquín Moreira, que quixo transmitir os seus parabéns aos adestradores dos equipos, así como o seu agradecemento ás nais e pais, quen son quen ao final padecen "os madrugóns" para que os seus fillos e fillas estean no máis alto das competicións.