Terceira Galega: Manín, 'campanas' de Manín...
19 de decembro de 2016 (18:03 h.)
Achégase cada vez máis forte o Lira á cabeza, onde o Muxía manten o ritmo sen o brío, nin tampouco tantos efectivos, de comezo de curso; o primeiro encontro de 2017 será entre eles
Cabana e Outes deixaron un sorprendente encontro - Foto: SD Cabana
O Resturante DÁlvaro, en Muxía, patrocina a 3ª Galega
Volantes de Baño 0-1 Muxía
Campo: Eleuterio Balayo
Volantes de Baño: Yanky, Tiko, Santi, Maikel Perrito, Yeray, Uru, Púgil, Castillejo (Cajulo m.61), Mingos, Canote e Javi
Muxía: Santi Papi, Munitis, Breo, Denis, Martinciño, Currás, Adrián Alcaina, Julián (Víctor Alcaina m.55), Ruso, Tomás (Mario m.60) e Iván Lagoa (Gusa m.75)
Árbitro: Regos Martínez (A Coruña). Amonestou a Uru, Cajulo, Maikel Perrito do Volantes; Munitis do Muxía
Gol: 0-1 m.31 Breo, de penalti
… E Yanky de porteiro
Foi máis que digna a resistencia do Volantes de Baño fronte ao intratable líder Muxía, e iso que baixo paus, e non da meta rival, estaba o para moitos futbolista máis determinante do equipo, Yanky. O balón foi maiormente propiedade do dominador da competición, pero sen crear excesivas oportunidades de perigo. Rachou o marcador á media hora, nun penalti que os locais protestaron moito e no que os visitantes pediron a expulsión do infractor, non identificado polo colexiado. Breo executou a gol e deulle a tranquilidade ao Muxía. Quizais excesiva, porque aínda que os muradáns non xeraron demaisadas opcións de gol si estiveron vivos toda a tarde. Curras, nun remate franco que enviou por enriba do longueiro, tivo a ocasión para pechar definitivamente o encontro, pero aínda prorrogou algo máis o trámite.
Lira 3-0 Sporting Seaia
Campo: Lombáns
Lira: Andrés, Pelexo, Iván Cerilla, Adrián, Manuel Cartamil, Miguel, Cheikh, Guardiola, Oli Bermejo (Costa m.76), Cristian (Senra m.24) (Carocho m.80) e Dudo (Suso m.35)
Sporting Seaia: Che, Roque, Adrián Parga, Canario, Darío, Dimaga (Jorge Parga m.46), Chols, Pedro, Anxo, Vilariño e Elvis (Martuxa m.8)
Árbitro: Juncal García (A Coruña).
Goles: 1-0 m.57 Suso Perico; 2-0 m.76 Costa; 3-0 m.82 Suso Perico
Sen límite claro
Segue a progresión do Lira de Manín, que incluso mira á primeira praza da táboa. Os sureños, no mellor momento do curso, non tiveron demasiados problemas para desfacerse dun Sporting Seaia que aguantou no primeiro acto, e que acabaría sobrepasado polo maior ritmo do seu rival. Dous homes que entraron desde o banco, Suso e Costa, déronlle frescura ao ataque e combinaron para xerar os tres tantos. A goleada pudo ter sido máis grande, aínda que sen forzar a máquina. Promete e moito o partidazo en Arliña despois de Nadal entre Muxía e Lira.
Ameixenda 2-1 Nantón
Campo: San Paio de Refoxos
Ameixenda: Farrapa, Pastecas, Samu, Diego, Demetrio, Chucho, Bicho, Suso (Camacho m.60), Borja (Adán m.81), Cristian e Rafa
Nantón: Guille, Fabián, Lareu, Pablo, Diego Bello, Touriñán, Fabio (Carlos Vidal m.64), Redondo, Tato, Martín (Raúl m.82) e Iván (Kevin m.73)
Árbitro: Morlán García (A Coruña). Expulsou a Cristian (m.90) e Bicho (m.40) do Ameixenda
Goles: 1-0 m.37 Borja; 1-1 m.57 Touriñán; 2-1 m.77 Diego Bello, en propia meta
Contra vento e marea
Ata con nove futbolistas resistiu o Ameixenda ante un Nantón que non acaba de coller unha xeira continuada de bos resultados. Os ceenses, todo fe, prantexaron un de ti a ti a un rival formado e con moita experiencia. Deixou esa aposta unha primeira metade aberta, equilibrada e moi interesante para os seareiros. Avisara Borja nun balón que mandou alto por pouco, e na segunda que tivo, de tiro cruzado, foi quen de abrir o marcador. Empezaría a quedar marcado o encontro pola expulsión de Bicho, tan xusta como innecesaria. Fixo valer esa superioridade o Nantón nos primeiros compases da reanudación, nos que apretou e moito, e conseguiu igualar por medio de Touriñán. Acabaría por sacudirse ese dominio o Ameixenda, sobre todo con salidas lanzadas á contra para Borja e Cristian. O autor do primeiro tanto marraría aínda un par de opcións máis, antes de que un centro chut golpeara en Diego e significara o á postre decisivo 2-1. Unha lesión e o cartón vermello a Cristian deixaron un longo e emocionante tempo de prolongación.
Cabana 3-4 Outes B
Campo: As Redondas
Cabana: Vázquez, Djamel, Ismael, Fernando, Grille (Eliseo m.61), Manolo do Cruceiro, Reigía, Diego (Miki Pose m.60), Cacha, Cristian e Jose Ángel
Outes B: Álex, César (Brión m.66), Jose, Sergio, Samu, Liste, Alberto (Balsa m.60), Kike, Adri, Pablo e Álvaro
Árbitro: Boedo Varela (A Coruña). Amonestou a Cacha do Cabana; Jose e Liste do Outes
Goles: 1-0 m.5 Cacha; 2-0 m.9 Christian; 3-0 m.38 Jose Ángel; 3-1 m.58 Jose; 3-2 m.71 Liste; 3-3 m.78 Kike; 3-4 m.85 Edu
A sorpresa da árbore
Pechou cunha derrota insospeitada e incrible o seu ano máis irregular o Cabana. Cando parecía que o peche de 2016 sería unha goleada de reencontro e balsámica chochou coa fe do filial do Outes, que pouco a pouco medrou e minou a moral bergantiñán. Cacha, tras un saque de banda peinado por Christian; o propio asistente en xogada individual e Jose Ángel, tras un erro do meta outiensa, deixaron o partido ao descanso con pinta de trámite de corenta e cinco minutos ou de goleada de escándalo. E escandaloso foi, pero a remontada. Un centro chut de Jose; un remate no área pequena moi protestado pola parroquia local, e dúas boas accións máis (unha de estratexia e outra de xogo colectivo), deron nunha remontada de media hora que case ninguén era capaz de sospeitar. O punto de vista psicolóxico resultou determinante.
Castrelo 3-0 Camelle
Campo: Municipal de Vimianzo
Castrelo: David, Jesús, Curra (Víctor Lema m.55), Sergio, Luis Roget, Maikol, Cristian (Edgar m.66), Dani Costa, Sergio (David Caamaño m.83), Félix (Freire m.77) e Esteban
Camelle: Carlos, Cristian (Baña m.80), Rubén, Carlos Valiña, Manuel, Iago, Tajes, Sergio (Álvaro m.46), Mario, Adrián (David m.67) e Vieites
Árbitro: Vázquez Lema (A Coruña).
Goles: 1-0 m.9 Cristian; 2-0 m.55 Cristian; 3-0 m.85 Esteban
Cómodo para o Castrelo
Pechou unha das súas mellores tempadas un Castrelo que non tivo problemas para desfacerse do Camelle. Aínda que teñen medrado as convocatoria, os camariñáns teñen problema para manter moitas veces a intensidade durante todo o choque. Pola súa banda, os locais dominaron o balón aínda que sen demasiado acerto. Cristian certificou a maior forma nos primeiros compases, mentres que o paso dos minutos desarticulou o factor ameaza para os vimianceses.