Dumbría acolleu a presentación do proxecto "Non camiñas soa"
A delegación do goberno presentou este martes no lugar de Olveiroa, en Dumbría, a campaña “NO CAMINAS SOLA”, unha iniciativa para reforzar a protección das mulleres que percorren o Camiño de Santiago. Xunto coa subdelegada María Rivas estaba o alcalde, Raúl González Lado, e membros das forzas e corpos de Seguridade do Estado como o coronel Xefe da Comandancia da Garda Civil da Coruña, Fernando Pedreira; o comisario Xefe Provincial da Policía Nacional, Carlos Gómez Rodríguez, e a presidenta do Colexio de Farmacéuticos da provincia da Coruña, Sara Catrain González.
Esta campaña está promovida polas Unidades de Coordinación contra a Violencia sobre a Muller das Delegacións do Goberno de Galicia, Aragón, Navarra, La Rioja, Castilla y León e Extremadura. Na provincia da Coruña, a campaña tradúcese na distribución de 736 carteis e 15.260.tarxetas informativas, redactadas en galego, castelán e inglés, que se colocan en 149 albergues, 81 Centros de Saúde, 49 probas de turismo, 410 Farmacias, 12 hospitais, 5 comisarías, 27 Postos da Garda Civil e e 30 da Policía Local.
Estes materiais inclúen teléfonos de contacto, animan a descargar a app ALERTCORPS, unha ferramenta que conecta directamente coas forzas de seguridade, e un código QR que permite o acceso á web da Delegación do Goberno contra a violencia de xénero na que hai información e recursos contra a violencia de xénero así como outras formas de violencia sobre a muller.
Durante o acto, púxose de relevo que só no que vai de ano PERCORRERON O CAMIñO FISTERRA-MUXíA 1.080 PERSOAS, UN 9% MáIS QUE NO MESMO PERíODO DO ANO ANTERIOR, DAS CALES O 54 % ERAN MULLERES. Así mesmo, O 46 % DAS PERSOAS PEREGRINAS ERAN ESTRANXEIRAS, o que demostra o alcance internacional da ruta.