A Costa da Morte, o epicentro do solpor europeo

O titular do Goberno galego, Alfonso Rueda, durante o ‘Atlantic Sunset - the latest in Europe’ no Faro de Fisterra. Foto: David Cabezón

nte foi o último día do no que o Cabo Touriñán recibe o derradeiro raio de sol no solpor da Europa continental. A partir desta noitiña, o último solpor terá lugar no portugués Cabo da Roca. E para despedir a temporada e unir redes cos nosos veciños portugueses, a comarca organizou o Interreg Cooperation Day 2025 - Atlantic Sunset - the latest in Europe’, unha iniativa desenvolta no marco do proxecto Atlantic Sunset, financiado polo programa europeo Interreg Atlantic Area e na que participan a CMAT e a USC.

Porque é ben certo que o solpor na nosa comarca é algo máxico. É certo que os peregrinos que rematan o camiño e sentan nas pedras do cabo Fisterra para ver como marcha o sol polo Atlántico abaixo viven un momento tremendamente especial e motivo. De aí, a importancia de poñelo en valor, de destacalo, de dalo a coñecer ao mundo, que é o que precisamente persegue o proxecto Atlantic Sunset: unha rede europea de lugares singulares para a observación dos solpores atlánticos para reforzar a identidade dos territorios, impulsar un turismo sostible, diversificar a economía local e dar visibilidade internacional a enclaves como a propia Costa da Morte.

Primeiro, en Touriñán

O evento O evento desenvolveuse en dous enclaves emblemáticos, Cabo Touriñán (Muxía) e Cabo Fisterra. A xornada comezou ás 18:00 horas no Faro de Touriñán cunha recepción institucional e a benvida de representantes como o presidente de Turismo Porto e Norte de Portugal, Luís Pedro Martins, e o director xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, Ángel Miramontes; momento tamén no que tivo lugar a intervención de José Manuel López Vilela, alcalde da Laracha e presidente da CMAT.

Durante o acto entregáronse placas informativas ao Concello de Carnota – polo Monte Pindo – e de Viana do Castelo (Portugal), recoñecendo a súa integración na rede de puntos emblemáticos do proxecto. O momento máis destacado en Touriñán foi a inauguración oficial da placa que identifica este cabo como lugar privilexiado para contemplar o último solpor da Europa continental, coa participación da tenente de alcalde de Muxía, Sandra Vilela; e do Delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco.

O Solpor, en Fisterra

A Comitiva desprazouse á Praza Stephen Hawking do Cabo Fisterra, onde tivo ugar a apertura institucional coa entrega dunha última placa ao Concello de Fisterra, nun acto no que interviñeron o propio alcalde, Luís Insua; o Delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco; e o Presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda.

Blanco reivindicou a cooperación como “o mellor camiño para construir unha Galicia con futuro e aavanzar nun novo modelo de turismo sostible”, lembrando que a cooperación entre Galicia e Portugal é un exemplo porque “fortalece a nosa economía, multiplica as oportunidades e mellora a vida da xente”.

Pola súa parte, Rueda sinalou que Fisterra, considerado historicamente o fin do mundo coñecido, simboliza tamén un espazo de encontro e de novas oportunidades, unha mensaxe que identificou coa esencia do proxecto europeo: derrubar fronteiras, superar limitacións e construír en común o que non se podería acadar por separado. O titular do Goberno galego subliñou que Galicia, situada no extremo occidental de Europa, converte esa condición periférica nunha vantaxe ao actuar como porta atlántica de entrada e saída ao continente.

Alfonso Rueda con Jorge Mira e Jesús Picallo. Foto: David Cabezón

A Placa

O programa incluíu tamén a participación de membros da USC, sobre a importancia simbólica da Costa da Morte no imaxinario do Camiño de Santiago e a súa relación co solpor e sobre a dimensión científica deste fenómeno natural ao cargo do científico e divulgador Jorge Mira, que ademais explicou a base científica do proxecto Atlantic Sunset, centrado na identificación e posta en valor dos lugares nos que se producen os últimos solpores de Europa continental.

A xornada culminou cunha observación e celebración comunitaria do solpor en Fisterra, acompañada de música, que serviu como peche festivo e simbólico do evento.

O alcalde fisterrán Luís Insua coa placa de Atlantic Sunset. Foto: David Cabezón