Fisterra celebrou os 50 anos do Colexio Nosa Señora do Carmen

Acto do 50 aniversario do Colexio Nosa Senora do Carmen de Fisterra

Canta emotividade a vivida neste 50 aniversario dunha das entidades máis emblemáticas da vila do Cristo. Centos de nenos formáronse neste colexio e de aí a relevancia dun acto que trascende o ámbito escolar, para proxectarse a todos os habitantes da vila que, dunha ou outra forma, están relacionados coa vida deste centro educativo nestes últimos cinco decenios .

O pasado sábado, a lonxa de Fisterra acondicionouse para a celebración. O local estaba cheo e foi o director, Carlos Velasco Herguedas, o que abriu a sesión dando a palabra ao ao representante do Arzobispo, José Antonio Seoane, Vicario Territorial da Coruña, que resaltou a figura de Luciano Moreira Carracedo, como fundador deste Colexio e da Obra Social Ntra. Sra. do Carmen e o importante labor que dentro da educación cun ideario cristián realízase e proxéctase desde este centro educativo.

Ca placa de don Luciano

Tomaron a palabra Jesús Risueño López, Inspector de Educación, Xosé Francisco Martínez Reboiras, Secretario Xeral de Escolas Catolicas-Galicia, Susana Rodríguez Nemiña, presidenta da AMPA, José Manuel Traba Fernández, en nome dos antigos alumnos e Dª Pilar Traba Domínguez, na súa calidade de representante da entidade titular do centro.

Pola súa banda, o director deu lectura ás mensaxes de antigos profesores que, desde a distancia, uníanse a esta celebración ante a imposibilidad de poder asistir personalmente a este emotivo acontecemento.

Durante a cerimonia actuaron os alumnos integrantes do Coro do Colexio que recrearon unha parte da súa actuación do carnaval inspirada no Circo do Sol, que foi moi aplaudida. Dando paso, seguidamente, ao grupo de baile rexional Xaldón e ao propio do Colexio, que fixeron as delicias do público. Finalmente, interpretouse o Himno do Cincuentenario, do cal é autor da letra Tomás Ortega Yusta e da música o profesor e compositor ceense José Manuel Canosa Carballo.

Ao terminar a cerimonia procedeuse á inauguración das exposicións retrospectivas da historia do centro educativo nas instalacións do Colexio, nas que se expoñen os diversos recursos e materiais pedagógicos utilizados ao longo destes anos, así como numerosos paneles coas fotografías que gráficamente describen a historia do Colexio.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).