Fisterra freta un autobús para ir á manifestación contra a Lei de Acuicultura

Baixo o lema "O mar é noso, non das multinacionais", terá lugar o vindeiro sábado, 27 de febreiro, en Santiago de Compostela unha multitudinaria manifestación contra a Lei de Acuicultura da Xunta de Galicia. Os artesáns do mar califican a nova norma de "unha hipoteca"  xa que moitos bancos marisqueiros serán privatizados deixando aos mariscadores, percebeiros e demais artesáns do mar dependendo dos seus intereses. Deste xeito, en apoio ao sector, o concello de Fisterra poñerá a diposición dos veciños e veciñas da vila un autobús pra acudir á protesta de Compostela. Os interesados deberán apuntarse na oficinas do municipio fisterrá ou no teléfono 647.31.71.94. Sesión informativa Este xoves, 25 de febreiro, varias organizacións ecoloxistas - entre as que se atopa ADEGA - ofrecerán unha rolda de prensa na libraría Couceiro de Santiago de Compostela onde explicarán as razóns polas cales apoian a mobilización do próximo sábado contra a Lei de Acuicultura do PP. Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
  • Adega
  • Concello de Fisterra