Interceptados 800kg de mexilla en Sardiñeiro que si tiñan que pasar por lonxa

No marco do conflito entre bateeiros e percebeiros ao longo da Costa galega, o caso de Fisterra é singular. É un dos poucos lugares onde a Confraría ten convenio con varias bateas mediante o cal os son os propios percebeiros os que extraen a mexilla e despois lla venden ás empresas bateeiras.

Un sistema que sería ideal, pois así serían os propios percebeiros de cada zona, que coñecen ben as súas pedras, os que irían controlando a extracción de ambas especies que tan boa sinerxia xeran xuntas.

Pero dase unha circunstancia. Se ben os bateeiros poderían ir a calquera pedra de Fisterra (coma no 87% do litoral galego non protexido), sen necesidade de avisar, sen topes, e sen necesidade de pasar por lonxa, os percebeiros si que están obrigados a pasar por lonxa para comercializala.

Esta semana, dúas embarcacións de percebeiros con base en Cee e Fisterra, quixeron, en connivencia coa empresa bateeira, saltarse ese paso e vender o extraído na xornada en B, pero foron paradas polo Servizo Marítimo Provincial da Garda Civil da Coruña e o Servizo de Gardacostas da Xunta en Sardiñeiro. Despois de descargar 40 sacos con 800 kg de mexilla na furgoneta bateeira, os axentes a paraban, requisando o material, por carecer de documentación, e por ser adquiridos fóra das canles legais de comercialización.

A Garda Civil procedeu a vender o produto na lonxa de Fisterra, por 3.200 €, retirando eses cartos a favor da Consellería do Mar, a cuxa Xefatura Territorial na Coruña se lle remiten as actas das infraccións denunciadas.

Novas do conflito da mexilla

Novas sobre furtivismo