O Mago Antón abriu unha finde chea de cultura na fin da terra
12 de xullo de 2024 (08:11 h.)
Arrincou unha fin de semana de vertixe en Fisterra. Fíxoo co Mago Antón e a súa caravana, que fixo parada no porto para traer o seu espectáculo peregrino “O Romance do Conde de Cagliostro”.
Pero a vila fisterrá “Respira Cultura na Fin do Camiño” cunha programación intensa para este mes.
Este venres 12 de xullo a Praza da Constitución acolle unha sesión de cine na rúa, con “Lilo, mi amigo el cocodrilo”.
Mañá sábado 13 de xullo, no paseo marítimo de Sardiñeiro de 11:00h a 13:00h, xovos con Paporrubio para os peques.
E pechando a finde, o domingo 14, a partir das 19:00h, o grupo vogal Eburne, de Costa de Marfil, tocará na praza da Constitución.