Propoñen impulsar a recuperación de Castromiñán
O tesouro agochado. Así denomina o dinamizador cultural Manuel Gago o Castro de Castromiñán, nos montes de Fisterra. Un Gago que xa denunciaba que “o desinterese de administracións locais e nacionais non deixa de ser un reflexo da ignorancia dos nosos gobernantes”.
Hoxe, o BNG de Fisterra asegura que de coller o relevo no Concello impulsará un estudo arqueolóxico e posta en valor do espazo, un dos máis espectaculares xacementos casterxos de Galicia, situado sobre uns cantís dificilmennte accesibles, semellantes a unha das fortaleza históricas máis visitadas de Irlanada, ade Dún Aonghasa.
Considera o BNG que sería un “atractivo turístico incalculable” incoporar esta xoia patrimonial, descoñecida, ao conxunto de elementos de promoción do concello.
Ademais, suporía unha oportunidade única no estudo da idade de ferro no sur de Europa, dado o excelente estado de conservación da paraxe que rodea o xacemento. Un espazo semellante ao da Lanzada, onde si están en excavacións.
Por iso, o BNG propón medidas de socialización destinadas a crear un vínculo entre a poboación local e o lugar; un traballo de limpeza, levantamento topográfico… unha excavación no recinto e mesmo o acondicionamento museístico para as visitas.
En todo caso, esperamos que no plan entre a posibilidade de desenvolvelo a través dun proxecto de arqueoloxía social como o da Croa do Castro ou outros nos que a Costa da Morte é vangarda. A materia prima, é perfecta para elo.
Novas relacionadas
- Castromiñán, o tesouro agochado.
- Os voluntarios descobren a porta orixinal da Croa do Castro de Cerqueda.
Fonte
- BNG de Fisterra.