Unha novela ambientada no noso Fin da Terra, candidata aos Premios de Amazon

Continúa a Costa da Morte sendo fonte de inspiración para escritores de todo o mundo. Hai pouco Un catalán ambientaba un Premio Planeta na nosa comarca. Desta volta, unha madrileña, Rocío Castrillo, aspira ao concurso Indie 2016 de Amazon, cunha novela ambientada en Fisterra.

A novela En el Fin de la Tierra trata sobre unha moza que na busca das súas orixes cunha viaxe á fin da terra. Enganos, conciencia, segredos… Unha nova novela moi relacionada coas traicións e as emocións.
Os lectores destacan o acerto de ambientala novela na Costa da Morte, pois “permítenos sentir a forza do mar” e porque “lle dá un punto de misterio ña acción que ll vén moi ben”.

Esta é a terceira novela de Rocío Castrillo, que xa número dous de ventas en Amazón coa sua novela "Ellas y el sexo" na sección de humor.

O premio será ver publicada en papel a súa obra.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasananacosta.com).