A Copa da Costa, de ponte solidaria

A Copa da Costa sempre en www.copadacosta.com

Volve este martes 6 de decembro a competición copeira despois da ida disputada o pasado novembro. Volta dos Dezaseisavos desta Copa da Costa con varios focos de atención.

Un dos focos de atención será o campo de Xaviña, onde a UD Cerqueda ademais de recibir ao Volantes coa eliminatoria totalmente aberta, celebrará unha xornada solidaria. Seguindo o exemplo da SD Sofán, o equipo cerquedán organiza unha recollida de xoguetes para os nenos que están acollidos polos Servizos Sociais municipais.

Deportivamente todas as miradas enfocan a Fontenla. Alí o Xallas terá que remontar o 2-0 da ida nunha eliminatoria que podería ter sido a final.

Polo demais, só Camariñas, Fisterra e Zas teñen un pé metido nos Oitavos (que por certo, terán que esperar xa ao mes de maio), mentres que o resto de eliminatorias están moi igualadas.

 

Máis información