Do Fútbol da Costa a fútbol local de Mozambique

Nestor Romero co Fondo Galego de Cooperacion en Mozambique

É natural de Lousame, onde exerce como Técnico de Deportes Municipal. Pero xa é un pouco costeiro pola súa vinculación co Fútbol da Costa. O actual adestrador da Esteirana, xa pasou polo Mazaricos e polo Xallas, polo que case é fillo adoptivo da Costa da Morte. O técnico pasa este mes en Mozambique, no marco dun proxecto do Fondo Galego de Cooperación.

Aló por 2019 o seu Fondo sacou unha praza no marco do FGC para desenvolver un proxecto deportivo nun pequeno municipio da provincia Tete, preto de Malaui. Non o dubidou, presentouse e acabou sacando a praza. Pero nese ano a inestabilidade política na zona, onde operan numerosas guerrilas, impediu a viaxe. Tralo pasado da pandemia, o Concello retomou o proxecto de fomento do deporte entre a poboación local e o ano pasado participou nunha das experiencias da súa vida. “Foi unha experiencia única e marabillosa, eu quedei moi contento coa xente e a xente comigo, e marquei un vínculo moi especial coa poboación local”, cóntanos.

Este ano, foi o municipio mozambiqueño pediu a continuidade do proxecto e o Fondo volveu a sacar a bolsa. E quen mellor que Nestor para continuar o traballo do ano pasado.
Estivo varios meses xuntando material, e gracias a numerosas doazóns conseguíu levar un bo feixe de ferramentas para levar adiante actividades. Así aproveita as súas vacacións un alma solidaria como a de Néstor.

A pasada semana desenvolveu dúas accións dos seus deportes fetiches, o fútbol e o atletismo, coa organización do I Campionato de Fútbol “Fondo Galego" e o I Campionato de Atletismo “Fondo Galego”. Ademais, realizan accións de cooperación cas escolas de primaria e secundaria facendo formación en outros deportes, por exemplo con bádminton.

En apenas uns días xa nota os avances. "O ano pasado traballei moito co fútbol e este ano estou fomentando máis a práctica doutros deportes e máis cas escolas e supervisando a evolución dende o ano pasado. A verdade é que o cambio dende que cheguei aquí o ano pasado xa foi moi grande".

”A verdade estou encantado da vida”, como delata o seu sorriso en cada foto, a pesar de atoparse nun lugar de difícil acceso, cunhas comuncacións moi precarias, “pero nun entorno moi seguro, con xente moi amable coa que temos un vínculo moi especial”.