A chuvia obriga a retrasar o Solpor Poético de Laxe

Imaxe do Solpor Poético na Praia dos Cristais do ano pasado-Foto-Ambrosio Oróns

Desta volta é a chuvia e non o covid o que obriga a suspender unha actividade. Trátase do Solpor Poético, que se ía celebrar na praia dos Cristais este sábado 28 e no que se celebraría a entrega de premios do XIV Certame de Poesía. A intención do Concello é celebralo en setembro, se tanto as condicións metereolóxicas como a evolución da COVID o permiten.

Igualmente mañá, venres 28 de agosto, o xurado elixido para a elección dos poemas gañadores deste ano, emitirá o seu veredicto aínda que este non se fará público ata a vindeira cita na que se celebre o acto do Solpor Poético.

Novas relacionadas