Este domingo arrinca unha Mostra de Teatro de Outono de Laxe pensada para os máis pequenos

Comeza esta fin de semana a XIV Mostra de Outono de Teatro de Laxe. Os vindeiros 4 domingos, o Salón de Actos acollerá, ás 19:00h, obras de teatro pensadas para os máis pequenos.

Este domingo 11 será a cmpañía Fantoches Baj a que abra o programa cos seus monicreques.

O día 18 tócalle a Ghazafellos faranos rir cos seus “Monstros no Camiño”.

O 25 de outubro será o turno da compañía Píscore co seu “Teatro conFusión”, mesturando música, clown…

E para pechar, o 1 de novembro, as Lambetadas riseiras de Talía Teatro.