Ferida a condutora dunha furgoneta tras un accidente nunha estrada de Laxe

A condutora dunha furgoneta isotermo de reparto, quedou ferida este mediodía de venres 20 de marzo ao sufrir unha saída de vía na estrada do Aprazadoiro a Traba, en Laxe.

Acodiu o GES de Ponteceso, Protección Civil de Laxe, Policía Local de Laxe e os axentes do 061, que trasladaron á vítima, ferida leve, ao PAC de Ponteceso.