Laxe marcha pola Muller
13 de marzo de 2017 (07:51 h.)
Despois dos numerosos actos polo Día da Muller, entre os que destacou a emotiva estrea da Escola de Avoas sobre o escenario, aínda esta fin de semana tiveron lugar comprometidas citas na zona. Como esa marcha da Muller que realizou o Concello de Laxe, para pechar ese programa “Con M de Muller”, que se baseou no lema “Quérete, Cóidate”.
Foron 5 quilómetros de compromiso, con xentes de todas as idades, dende algún cativo dun só aniño, á veciños e veciñas que superan os 70. Unha demostración de que esta é unha loita de todos.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).