Nace a Asociación de Comercio e Hostalería de Laxe “ComerLaxe”

O vindeiro sábado 27 de maio, será o I Día do Comercio de Laxe. Unha data que verá nacer á nova Asociación de Comercio e Hostalería de Laxe “ComerLaxe”. A cita de presentación serás ás 11:00h no Museo do Mar e a xornada cirá cargada. Deste xeito, os consumidores destes establecementos recibirán un ticket por cada 2ª euros que consuman, co que entrarán no sorteo dun xantar ou cea no restaurante Mar de Ardora e de dous décimos de lotaría de Nadal do Estanco Casa López.

Os comercios colaboradores son: Floristaría Rebeca, libraría Torre Penedo, Perruquería Azabache, Clínica Dental Laxe, Dorna, Ferretería Sergio, Parafarmacia Alquimia, A Tenda do Centro, e Estanco Casa López.

Os negocios de hostalería colaboradores son: Rivera, Mar de Fondo, O Bocho, Plaza, Casa do Arco, Cervecería de Laxe, Áncora, A Despensa, Zurich, O Escaravello, A Diario, O Reino de Loki, e O Ben Me Sabe.

Teatrapa

Os vindeiros sábado 27 e domingo 28 de maio, coincidindo co I Día do Comercio, terá lugar o X Festival da Escola Municipal de Teatro de Laxe Maio 2017 “Teatrapa”. O sábado, ás 12:30h, o alumnado das aulas de A Estrada, Touro, Palas e Laxe farán as súas representacións. Xa a partir das 18:00h, V Roteiro Teatral, Poético e Musical pola vila, con saída dende diante da Lonxa.

O domingo, completa sesión de teatro pola tarde, co gruppo Folerpas e o Juapasconj de Laxe.

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).