A Cea das Letras, o emotivo punto de encontro da poesía erótica galega

Mario Regueira gaña o XIII Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas 2018 Non hai outro en Galicia, e de aí a importancia de manter vivo o Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas. Este ano, Asociación Caldeirón e Concello de Malpica artellaban as 13ª edición que, coma sempre, chegou o seu cumio coa singular Cea das Letras. Unha cita especialmente emotiva, coa obrigada lembranza a unha das grandes almas deste certame, Paco Souto, que serve para presentar os gañador do vixente ano, e de paso para ver a luz da obra gañadora o ano anterior. Finalmente, o xurado (formado por Paco de Tano, Eduardo Estévez, Elvira Riveiro e Antón Noceda como secretario) escolleu o poemario “Marco Livornio”, do ferrolán Mario Regueira, para seguir enriquecendo a colección da editorial Caldeirón, única no seu xénero. Un Regueira que recoñecía que se animou a sumerxirse na poesía erótica gracias ao certame, e que lle permitirá, ademais de recibir 1.000€, ver publicada a súa obra. Paco de Tano, presidente da Asociación Cultural Caldeirón, cualificou a pobra gañadora, coma “un sorprendente percorrido por relacións eróticas diversas e plurais, nun ton épico, case elexíaco”, unha vez que como recoñece o propio autor, “é un libro bastante especial e bastante estraño”, que aborda o erotismo desde unha perspectiva homosexual.
Cea das Letras de Malpica Ademais, a cea serviu para ver publicado libro das gañadoras do ano pasado. Andrea Nunez Brións (Marín, 1984) e María Rosendo (Vigo, 1984), así como todos os presentes na cea, xa teñen nas súas mans os exemplares de “Diáspora de amor balea”,
Andrea Nunes e María Rosendo viron publicado o seu libro premiado en 2017 A Cea das Letras deste ano tivo un terceiro ingrediente literario, xa que tamén participou coma convidado Xabier Xil Xardón, que presentou o seu poemario Detéxtonos (Positivas) acompañado por Leo Arremecághona á guitarra.
Leo Arremecaghoná acompañou coa guitarra os poemas de Xabier Xil E como non podía pasar doutro xeito, a cea celebrada na Casa da Cultura de Seaia, tivo o seu toque oleiro (os premios e mais a cubertería son sempre da Olería de Buño) e gastronómico, cun arrecendo a filloas á pedra feitas por Ana Pereiro (Ana de Zas), que fixo unha verdadeira demostración de calidade artesanal.
Ana de Zas fixo unhas filloas espectaculares na Cea das Letras de Malpica

O gañador

Mario Regueira (Ferrol, 1979). Comeza a súa carreira literaria como narrador co libro de relatos Rebelión no inverno (2004) ao que seguen as novelas L’affiche rouge (2007) e Outono aquí (2012), esta última premio Lueiro Rey de novela curta e traducida ao castelán como Las hojas muertas (2013). Como poeta ten publicado Tanxerina (2006, premio Xosemaría Pérez Parallé),Blues da Crecente (2009, premio Xohán Carballeira) e O silencio (2012). Tamén é da súa autoría o ensaio Lois Pereiro, unha persecución (2011). Licenciado en Filoloxía Galega e diplomado en Dereito, en 2016 defende a súa tese de doutoramento en Teoría da Literatura e Literatura Comparada sobre a narrativa galega durante a posguerra. Actualmente fai crítica literaria no Sermos Galiza e outros medios e participa do podcast cultural Burán, que se emite en Radio Campus Culturae e Cuac FM.

Xabier Xil e Alexandra Fernandez entre outros na Cea das Letras de Malpica

13 anos de premios

Co fallo feito público hoxe, a listaxe das obras gañadoras do Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas é a seguinte: • “Arredor do teu corpo”, Antonio García Teijeiro • “Baile Átha Cliath”, Alberte Momán • “Xoguetes póstumos”, Enma Pedreira • “Rúa da cancela”, Eli Ríos e Eduardo Estévez • “Amantes”, María Lado • “Carnia Haikai”, Elvira Riveiro • “Chamádeme Eva”, Mercedes Leobalde • “Dominio público”, Ramón Neto • “O episodio”, Verónica Martínez Delgado e Alberte Momán • “A razón do perverso”, Mário J. Herrero Valeiro • “O home invisíbel”, Xabier Queipo • “Diáspora de amor balea”, Andrea Nunes Brións e María Rosendo • “Marco Livornio”, Mario Regueira

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/as-letras-eroticas-tamen-homenaxean-a-paco-souto/