Hadrian e a súa nai. Imaxe: TVG
A federeación de ANPAS da Costa da Morte e a confederación de ANPAs Galegas reuniranse mañá venres, ás 20 horas, con Nieves (nai de Hadrián) no pazo da Cultura de Carballo no marco da comisión NEAE da Costa da Morte.
Ambas as institucións piden "un tratamento serio, reservado e eficaz para as circunstancias nas que se atopa este rapaz de Malpica e a salvagarda de todos os dereitos que posúen as familias e escolares que se atopan nesta situación".
Á reunión de mañá asistirán Fernando Lacaci, vicepresidente e representante diante da administración (tamén presidente de ANPAS COMPOSTELA) e Bertila Fernández, secretaria (voceira de FOANPAs Vigo). Esta federación foi a percursora - xa hai anos - en Galicia da atención educativa domiciliaria.
Fonte