Charla en Malpica para entender a factura da luz e aprender a reducila

O centro cívico de Malpica acolle o vindeiro mércores, 14 de setembro, a charla informativa "Dálle luz á túa factura" coa que os participantes poderán resolver as súas dúbidas sobre a factura da luz e aprender a reducila. Os principais destinatarios do encontro son persoas usuarias dos servicios sociais; os usuarios e usuarias do plan de inclusión e o público en xeral. O encontro - que terá lugar de 10:30 a 12 horas - está organizado polo Plan Galego de Inclusión social e conta coa colaboración da área de Igualdade do concello de Malpica. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Malpica