Comezan as obras de reparación do centro Cívico de Malpica

A empresa dispón dun prazo de dous meses para realizar os traballos de reparación financiados co PAS da Deputación da Coruña Onte arrancaron as obras de reparación e mellora do centro Cívico de Malpica, un proxecto de 54.414 euros financiado con cargo ao Plan de Acción Social (PAS) da Deputación da Coruña, que permitirán eliminar o grave problema de humidades que afecta ao edificio, inaugurado en decembro do ano 2003. Os traballos foron adxudicados á empresa construcciones Ogando S.L., que dispón dun prazo de dous meses para levalos a cabo. O proxecto consiste na demolición e substitución das ventás da planta baixa e de parte das do primeiro andar, a construción de aleiros nas cubertas e a instalación dunha fachada ventilada con paneis de aluminio na planta baixa. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Malpica