De peques teatreiros e maiores viaxeiros por Malpica
Completa a fin de semana por Malpica, cos nenos e maiores como protagonistas. Os primeiros disfrutaron cas clausuras dos obradoiros de teatro e manualidades para nen@s organizados polo Concello. E os segundos, disfrutaron aínda máis na súa viaxe a León.
Clausura dos cativos
A entrega de diplomas puxo fin a un curso repleto de actividades para os máis pequenos da casa. Os nenos e nenas do Obradoiro de Animación Teatral abriron a tarde do venres no auditorio do Centro Cívico cun maratón de teatro que incluíu a representación das obras “Esta historia non a víchedes”, “A moa”, “Farruquiña e o Emilio” e “Que sería de nós sen a pensión”. Despois do exitoso espectáculo, o alcalde, Eduardo Parga, destacou o bo traballo realizado pola monitora, Silvia Losada, e fixo entrega dos diplomas aos seus alumnos e alumnas.
Este ano o Concello de Malpica fixo coincidir os actos de clausura do obradoiro de teatro e das clases de manualidades para nenos e nenas que impartiu Lucía Villanueva. Ademais de recoller os seus diplomas de mans do alcalde e do tenente de alcalde Miguel Fernández, os rapaces inauguraron unha exposición no propio Centro Cívico na que poden verse os traballos realizados ao longo do curso.
As clausuras de manualidades continuarán os días 15 e 17 para as asistentes aos cursos para adultos e maiores, respectivamente. En total nesta actividade participan 84 persoas.
Os maiores, de viaxe
O alumnado de ximnasia terapéutica visitaron Las Médulas e Balboa na súa excursión de fin de curso. Acompañados pola súa monitora, María Varela Bardanca, máis de cincuenta persoas participaron este curso nas actividades deportivas para adultos organizadas polo Concello de Malpica: ximnasia terapéutica, que se levou a cabo na Casa do Oleiro de Buño e no pavillón de Malpica, e zumba, no Centro Cívico de Malpica.
Fonte
- Concello de Malpica.