Entran a roubar no Concello de Malpica e levan dous ordenadores
06 de febreiro de 2015 (13:08 h.)
Non soen ser habituais estas cousas, pois para entrar a rouber bens materiais, un Concello, no que apenas hai cartos, non parece o mellor lugar. Pero é que os que entraron esta pasada madrugada do xoves 5 de febreiro no Concello de Malpica sabían a que ían.
Forzaron as portas de entrada e foron directos aos despachos da Secretaria e de Intervención, dos que levaron os seus ordenadores, probablemente os que máis documentos tiña. Sen embargo non entraron nas oficinas principais.
A Policía Xudicial segue dentro do Concello a estas horas da mañá, tomando as pegadas dactilares e recabando probas.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).