Fondo Galego de Cooperación: De Bergantiños a Perú loitando pola igualdade

Segue a Costa escotando ecos do "Día Internacional da Muller”, e despois das actividades da mesma data aínda onte tiña lugar en Carballo unha actividade dirixida aos máis importantes, os cativos e cativas.

Nunha actividade de concienciación a prol da igualdade, organizada pola Tropa de Trapo grazas ao Fongo Galego de Cooperación e Solidariedade, coa colaboración do Concello e dos centros de ensino do municipio dentro das actividades do Centro de Información á Muller, chegaba ao Pazo da Cultura a proposta "Tí tamen contas" da compañía A Tropa de Trapo. Pero é que as actividades deste activo Fondo Galego de Cooperación, no que están adheridos os concellos carballés e malpicán, expándense tamén por Perú, facendo un traballo encomiable pola igualdade da muller.

É da man da ONGD InteRed coa que están a impulsar a participación das mulleres quechuas e aimaras na rexión peruana de Puno para mellorar a efectividade do itinerario de atención ás vítimas de violencia familiar e sexual. A asociación de concellos e deputacións cofinancia con 29.343 euros este proxecto de cooperación internacional que implementa sobre o terreo a ONGD feminista Movimiento Manuela Ramos e que se fai público no mes en que se conmemora o Día das Mulleres.

I é que a realide peruana é complicada. Os estudos revelan que o 46% das mulleres da rexión de Puno teñen sufrido agresións físicas por parte da súa parella e ata un 80% experimentou situacións de control e violencia verbal, prácticas que a miúdo se naturalizan como parte da vida cotiá. O sistema xudicial desestima en moitas ocasións a apertura de procesos ou absolve aos agresores por “ebriedade” ou por unha suposta “actitude insinuante” das vítimas, culpabilizándoas, e mesmo a policía se nega a admitir as denuncias formuladas en linguas indíxenas. /p>

Deste xeito, a iniciativa capacita a lideresas das organizacións indíxenas e sensibiliza aos operadores policiais e xudiciais para que se respecten os dereitos das mulleres. Para iso formará a 60 lideresas de 18 organizacións no coñecemento dos seus dereitos e da cultura patriarcal para que vixíen e incidan no correcto funcionamento da ruta de atención.

E paralelamente en Galicia organizaranse encontros para tecer e reflexionar sobre economía feminista que culminarán cun acto de arte urbana para cubrir de la unha estatua coa arte de ganchiño ”yarn bombing” ou “urban knitting”.

Estaremos moi atentas!

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Carballo e Malpica.