Hadrián e Nieves unen 1000 mans por unha Atención Educativa Domiciliaria e Hospitalaria decente

Hadrián e Nieves unen 1000 mans pola Atención Educativa Domiciliaria e Hospitalaria Momento reivincidativo este pasado sábado #12do12ás12. Mentres en Santiago mariñeiros do cerco e as súas mulleres facían especial o día número 53 acampados diante de San Caetano, por Malpica a cousa ía en materia educativa. O obxectivo, parello, facer escoitar ao goberno da Xunta as demandas da sociedade galega. Alentados pola capacidade mediática do caso da familia malpicá de Nieves Villar e Hadrián Antelo, as Anpas Galegas convocaban na vila bergantiñá unha cadea humana por unha Atención Educativa Domiciliaria e Sanitaria decente. E a comunidade educativa, pais, nais, alumnos, veciños… respostaron. De toda Galicia chegaron familias enteiras para cubrir un metro máis desa cadea humana.
Cadea Humana en Malpica-Foto-Andres Vizoso
Máis de 1000 persoas, segundo a propia Policía Local, unían as súas mans para facer unha cadea humana de máis dun quilómetro, dando conta do poder da unión social. A petición das ANPAS Galegas é clara, e vai en sintonía ca data: 12,5 horas lectivas semanais na casa ou no Hospital para cada neno enfermo. Só falta que a Xunta teña a ben escoitar as demandas, porque non parece que sexa un problema de falta de profesores como xa quixeron excusar. Tamén intentou a Xunta presentar un protocolo de 5 páxinas nos que esquecen a atención hospitalaria por completo, por iso piden que a Xunta convoque xa unha mesa na que estean familias, profesionais da educación, da saúde, técnicos da administración, e todos os sectores implicados para garantir un dereito tan fundamental como é a educación. Máis se cabe aos pequenos enfermos. E como non, lembráronlle ao Conselleiro que aínda ten unha reunión con Nieves pendente, despois de deixala prantada….   Antecedentes Durante o discurso, as ANPAS recordaron que esta loita iniciada gracias á vontade da ”madre coraxe costeira”, lembra aquela que en 2001 e 2002 se viviu en Vigo. Daquela, a comunidade educativa conseguira que, por primeira vez, a administración educativa galega recoñecese o dereito á atención educativa hospitalaria e domiciliaria aos alumnos que por mor dunha longa enfermidade non poidan asistir a clase, como é o caso de Hadrián, afectado de leucemia. Naqueles intres foi un gran logro pero, “hoxe, 13 anos despois, a regulación é aínda máis xenérica que antes”. O Decreto da Consellería de Educación 229/2011 só lle dedica un artigo a esta problemática, e non existen norma nin procedementos orbigatorios para as distintas administracións, nin dereitos concretos que protexan ao alumnado nin ás familias”.
Nieves falou claro en Malpica Novas relacionadas Fonte 
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)