Malpica presenta o seu novo mapa turístico

Parece que hai concellos que si aproveitan as axudas da Deputación para abrir as Oficinas de Turismo. Por Malpica a nova oficina xa recibe 30 visitas diarias, e para dar unha cumprida información aos visitantes hai que ter material.

Así, este xoves 20 de xullo, a Casa do Pescador acolle a presentación do mapa turístico “Malpica de Bergantiños. Un mar de Camiños”. Intervirán o alcalde Eduardo Parga, ademais dos especialistas en cultural e turismo Xosé Manuel Varela Varela, Xurxo Alfeirán, Tino Gómez Blanco e Rocío Romar Roel.

Novas relacionadas

Fonte