Malpica recolle tapóns nos seus novos Corazóns Solidarios

Un dos contedores de tapóns instalados en Malpica

Malpica ten un corazón solidario. E así o refrendan os 4 novos contedores con esa forma que o Concello vén de instalar polas rúas. Diante do Centro Cívico, a carón da parada de taxis, na entrada do CEIP Xoaquín Rodríguez Otero e no parque García Alén, de Buño, instalaranse estes contedores que serven para recoller tapóns, que despois servirán para axudar en iniciativas sociais.

Avoga así o grupo municipal por modelo híbrido para coidar o medio ambiente impulsando tamén as axudas a causas sociais.