O BNG de Malpica ponse do lado dos placeiros
A tesitura cos placeiros de Malpica está complicada. As relacións co alcalde non son as mellores e o futuro dos postos non está nada claro ante o remate da concesión. Por un lado, os placeiros esixen prioridade, e pola outra Varela Rey pide unha nova subasta.
Os afectados teñen agora un novo apoio, na figura do grupo da oposición do BNG. Onte o voceiro do BNG Roberto García Ferreiro mantiña unha ("a primeira") reunión de case que 3 horas cos placeiros, para analizar as súas peticións como candidato á alcaldía que é.
Considera García Ferreiro que o "asunto está demasiado intoxicado con falsas afirmacións comp “os praceiros son uns delicuentes”, “quérono todo”, “por enriba de que se lle acabou a concesión aínda lle hai que dar os cartos”, “Malpica non se pode permitir perder 247000€.....”... Para o BNG esto é froito da campaña do alcalde.
Ferreiro considera que eses cartos non van perder pero se puideron empregar noutros proxectos como en beirrarúas de entrada en Malpica (zona Piñeiros), arranxo da rúa Canido, paso dos veciños de Cambre a Buño...
"Por que unha subasta pública?"
O BNG de Malpica aposta por manter unha praza de abastos pública, coma a existente. Pero pregúntalle ao alcalde por que hai que facer unha subasta pública.
E lembra un acordo de todos os grupos políticos asinado hai un ano no cal se indica que se ten que ter en conta aos placeiros para levar a cabo as obras de remodelación do Mercado de Abastos. Un dos puntos indica "Que baixo plano se liciten os postos para darlle seguridade ós empresarios, priorizando ós empresarios que xa están e mostren interés en seguir coa actividade". Esta moción foi aprobada por unanimidade dos grupos, pero, segundo a oposición, "o alcalde tomou outra folla de ruta".
Así destaca sobre os placeiros que:
- " Os praceiros só queren que se faga unha subasta pública e universal recoñecendo que eles foron os que financiaron no seu momento a Praza do Mercado".
- "Que non os culpen de que non ter as concesións ó día, ésta é responsabilidade dos políticos que gobernaron estas dúas últimas lexislaturas".
- "Vense forzados a ir pola vía xudicial ante a sordeira,mentiras e desprecio que lle demostrou o alcalde".
Ademais, o voceiro do BNG critica que "despóis de bastante tempo da entrada no espazo dixital ainda temos problemas en Malpica. As canles de televisión galega e televisión española en algunhas zona da vila de Malpica son imposible velas sen "cabrearse", non manten o sinal cinco minutos seguidos".
Novas relacionadas
- Praceiros e alcalde continúan a loita no Mercado de Malpica.
- O BNG de Malpica protesta, de novo, polo estado da Rúa Canido.
Fonte
- Nota de prensa do BNG de Malpica.