O Nordestazo reinvéntase: de balde e de volta ao mar
Novo formato para este Nordestazo Rock 2017. A Asociación A Tralla tivo que reinventar o festival malpicán e afrontar unha nova era para converterse nunha cita máis accesible e sostible. A cita será o sábado 5 de agosto, de balde, e na zona de Canido, o extremo do Paseo Marítimo. Ademais, a aposta será polas bandas galegas e con bandas nacionais ben singulares.
Novidades Carminha á cabeza de cartel xunto con Arizona Baby ou Los Labios. Manterase a sesión vermú e a longa xeira concertos de tarde-noite, e apostarase pola hostelería local como colaborador e cómplice imprescindible.
”Optamos por converter o Nordestazo nun festival gratuito porque entendemos que este festival é parte de Malpica, e polo tanto debe ser positivo para o pobo, que é a súa primeira razón de ser. E para que isto siga sendo así, o festival ha de ser sostenible no tempo, polo que optamos por redimensionarlo e achegalo á actualidade, facéndoo o máis atractivo posible para todos”, sinalan dende a organización.
O Programa
A festa arrincará na sobremesa coa sesión vermú a cargo dos Mecánicos. A banda encargarase de acender a tarde coas súas versións do mellor pop e rock dos 50, 60 e 70.
Ben entrada a tarde tomarán a testemuña, Bento Veloso & Los Doce Trinches procedentes da Coruña impoñerán o seu impactante cocktail de psicofolk garagero e surf insidioso.
Durante a xornada nocturna, o ritmo chegará da man de Banda Crebinsky, unha banda cunha conexión moi especial co publico malpiqués que demostrarán unha vez máis, coa súa explosiva mestura de rock, jazz e música balcánica que os emparenta directamente con Emir Kusturica & The Non Smoking Orchestra.
O Nordestazo 2017 contará tamén coa presenza dos Labios procedentes de Madrid, unha banda que se está convertendo por dereito propio no directo máis en forma de rock and roll da actualidade.
A presenza de Arizona Baby, asegura ao festival unha alta dose de rock atemporal e contundente desde a visión única dun trío que revolucionou o panorama independente hai pouco máis dunha década e que continúa sendo un dos alicerces do indie rock patrio.
Novidades Carminha pecharán a edición do Nordestazo sendo xa a banda de garage punk máis relevante dos últimos anos no noso país.
O deseño de cartel será obra de Laura Pato.
Novas relacionadas
- Nordestazo 2016: Herdeiros e Diplomáticos demostraron estar en forma nun gran Nordestazo:
- Santi Romay: “O Nordestazo Rock trae a moita xente a descubrir Malpica”.
- Nordestazo 2015: O Nordestazo Rock pode coas adversidades.
- Nordestazo 2014: Los Enemigos volveron encher de míticos o Nordestazo Rock de Malpica.
- Nordestazo 2013: Moito máis que un sábado de percebes e rockandroll.
- Nordestazo 2012: O Nordestazo xa é de Primeira División.
Máis novas festivaleiras
- A música independiente e a natureza fusiónanse no V de Valarés:
- Os irmandiños presentan o cartel do XXI Asalto ao Castelo.
- Unha Carballeira do máis viral.
- Terbutalina, Dakidarría, Ånima, Desterrados e The Locos completan a segunda tanda do Castelo Rock.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)