Os peques de Malpica recibiron os premios ás mellores postais de Nadal
Segue o Nadal a toda máquina por Malpica. Onte tivo lugar o acto de entrega dos premios do Concurso Escolar de Debuxo e Pintura de Nadal, organizado polo Concello de Malpica. O Premio Pantalla Dixital convocouse por primeira vez, e o debuxo gañador xa pode verse na pantalla que está colocada no lateral da casa consistorial, na praza de Anselmo Villar Amigo. O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, acudiu aos coles para entregar os premios.
O Premio Pantalla Dixital foi para este debuxo de Pablo Souto Suárez, alumno de 1º de Primaria do CRA Nosa Señora do Faro (escola de Mens).
O Cartel gañador do concurso escolar de Nadal, foi obra de Andrea Vila Amado, alumna de 2ª de Primaria do CEIP Milladoiro.
E o Premio Saúda de Nadal recaeu en Alexia González Busto, alumna de 6ª de Infantil do CEIP Joaquín Rodríguez Otero de Buño.
- O concello e asociacións cargan de actividades o Nadal de Malpica.
- De praias accesibles e alumeado eficiente e de nadal por Malpica
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Malpica