Saca o Cartón Profesional da Construción en Malpica

O Concello de Malpica en colaboración coa Fundación Laboral da Construción vai levar a cabo unha Xornada para a obtención do Carton Profesional da Construción (TPC) que terá lugar o día 30 de marzo de 2011, en horario de 08:00 a 16:00 horas nas intalaciones da Casa do Oleiro de Buño.

As persoas interesadas na realización do Curso de Prevención e Riscos e para a obtención do Cartón Profesional da Construción serán os traballadores do sector que estean en activo neste momento ou aqueles que aínda que actualmente estean desmpleados acrediten estar traballando nunha empresa da construción polo menos 30 días de alta nunha emprsa do sector nos últimos 3 anos.

Este cartón serve pasa demostrar a profesionalidade dos traballadores, a súa experiencia no sector e a formación realizada, así como xustificación de recibir formación en materia de prevención de riscos laborais de acordo co Convenio Xeral do Sector da Construción.

Documentación

A documentación necesaria para facer o curso de prevención de riscos, obrigatorio para obter a TPC é a seguinte documentación:

  • Fotocopia do DNI,
  • fotografía tamaño carné para o cartón e xustificante de realizar previamente o curso de prevención.
  • Fotocopia do contrato de traballo ou nómina (para os que estean traballando actualmente); ou fotocopia do cartón de demandante de emprego se estivesen en paro.
  • No caso de autónomos da construción: alta e último recibo pagado da Seguridade Social.
  • Informe de vida laboral recente (cun máximo de 90 días desde a data de expedición). En caso de non ter este informe de vida laboral pódese pedir ao teléfono: 901-502050 ou a través de Internet: www.seg-social.es (apartado vida laboral), ;

Máis información e inscrición

Toda a documentación pódese descargar da páxina web do Concello de Malpica (www.concellomalpica.com). E para máis información, requisitos, presetación de solcitudes e documentación poderase poñer en contacto cos seguintes traballadores municipais na Casa do Oleiro de Buño ou chamando ao 981-711303.

Fonte

  • Casa do Oleiro de Buño.