Este venres arrinca unha comprometida XVI Mostra de Teatro de Malpica

Programa da Mostra de Teatro Malpica 2020

Coa máxima seguridade, cun aforo limitadísimo e cun extricto protocolo, comeza este venres a XVI Mostra de Teatro de Malpica. Unha clara aposta pola cultura en tempos de crise, cunha ducia de espectáculos no vindeiro mes para os que é preciso reservar os asentos no teléfono do departamento de Cultura, no 981 707 104.

A programación, que inclúe o “Ciclo de Sala” (no Centro Cívico) como o popular ‘Ciclo Ruada’ (no Centro Cívico, na Escola das Pozacas de Cerqueda, no Centro Social de Barizo, no Mercado de Abastos e no Antigo Centro Comarcal de Buño) comeza este mesmo venres, 30 de outubro, coa función ‘Bernarda’, de Malasombra Producións ás 20:30 horas no Centro Cívico.

O Ciclo de Sala continuará o venres 6 de novembro, tamén ás 20:30 horas no Centro Cívico con ‘MedidaXMedida’, de P.T. Excéntricas.
O venres 13 de novembro, con escenario novamente o Centro Cívico e ás 20:30 horas, Talía Teatro executará ‘Lambetadas’.
Tabú’, de Tarabela Creativa chegará o venres 20 de novembro ás 20:30 horas no Centro Cívico.
O venres 27, novamente ás 20:30 horas no Centro Cívico, as persoas poderán contemplar a execución de ‘O meu mundo non é deste reino’, de Teatro da Ramboia.
O domingo 29 de novembro, ás 19:00 horas da tarde, Contraproducións levará novamente ao auditorio do Cívico ‘A compañeira de piso’.
O venres 4 de decembro, ás 20:30 horas, Galeatro executará ‘Carabela’ e como función que finiquita esta Mostra, o venres 11 de decembro ás 20:30 horas, Carlos Blanco fará as delicias das espectadoras e espectadores con ‘Quen dixo medo?’.

Ciclo Ruada

Constará de catro funcións, a destacar ‘O lobo bobo’ de Elefante Elegante, que será o domingo 15 de novembro ás 17:00 horas na Escola das Pozacas de Cerqueda; ‘Utopías’ de Xarope Tulú o domingo 22 de novembro ás 17:00 horas no Centro Social de Barizo; ‘Contos no Mercado’, o domingo 6 de decembro ás 12:00 horas no Mercado de Abastos; e como colofón final a este ciclo: ‘O camiño da lingua’, de Galeatro no Antigo Centro Comarcal de Buño o domingo 6 de decembro ás 17:00 horas.