A Pesca artesanal volve ás rúas contra o arrastre

Imaxe dunha das concentracións do ano pasado da pesca artesanal contra o arrastre

Despois dun ano de manifestación, e uns meses de parada, volve a pesca de baixura ás rúas. Así o anuncia o patrón maior de Corcubión, José Domínguez Buiturón, o mesmo que menospreza o proxecto da Gran Reserva Mariña.

O pósito corcubionés convoca a todos os mariñeiros da zona a manifestarse o sábado día 04 de xuño ás 11:00 horas. A manifestación consistirá nunha marcha pacífica que sairá do peirao de Corcubión ata o centro da vila de Cee, voltando de novo o punto de partida.

A marcha en defensa da pesca artesanal, quere volver esixir "á Administración que separen outras formas destrutivas como o arrastre 12 millas da costa a fin de evitar a destrución dos recursos pesqueiros que cada día escasean máis e máis".

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).