Falece un mariñeiro carballés nun arrastreiro de Corme
28 de setembro de 2016 (15:05 h.)
Mala nova a que nos deixaba o mar a pasada mañá de martes. Un mariñeiro carballés deixaba a vida no seu barco, o Himajo Primero, un arrastreiro cormelán. Faenaban, ao xurelo, preto das Illas Sisargas arredor das 12:00h cando un golpe dunha peza aparello deulle un golpe na cabeza, que lle provocaba a morte instantánea, segundo os seus compañeiros.
O barco avisaba aos servizos de emerxencias que non puideron facer nada por salvarlle a vida. De seguido se dirixiron ao porto de Oza ao que chegaban arredor das 15:00h.
Novas relacionadas
- 28-09-16: Un mariñeiro rescata a un home logo de envorcar co seu bote en Carnota.
- 2014: Tres mariñeiros de Muros desaparecen nun accidente no mar en Asturias.