Malpica acolle un novo curso profesional para as redeiras

Imaxe das redeiras de Corme en pleno traballo

Nova acción formativa para o sector das redeiras. A Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao vén de convocar un curso de confección e mantemento de aparellos de artes menores. Un curso que se desenvolverá en Malpica do 11 ao 26 de setembro, e que capacitará ás alumnas e alumnos para a obtención do certificado de profesionalidade de redeira.

Un curso que é esencial para poder traballar como profesional e que serve para mellorando no camiño do empoderamento das mulleres do sector primario galego e na visibilización do asociacionismo como unha ferramenta para avanzar en igualdade.

As interesadas e os interesados en formarse neste módulo poden solicitar máis información nos teléfonos 677 075 223 e 691 237 370 ou no correo info@redeirasdegalicia.org. A encargada de impartir esta actividade formativa será a redeira Rosa Isabel Rodríguez Vidal e desenvolverase na caseta da Asociación de Redeiras O Fieital, no Peirao Sur, 48, en Malpica.
A reunión de coordinación do curso terá lugar o mércores, 6 de setembro, na caseta do Fieital.

Novas sobre as redeiras

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).