Un mariñeiro rescata a un home logo de envorcar co seu bote en Carnota
28 de setembro de 2016 (14:59 h.)
Gracias á acción dun veciño da zona un mariñeiro de Carnota salvou a vida. O home envorcaba o bote de madeira co que navegaba en fronte ao lugar de Panchés, preto da praia de Insuela, arredor das 9:30h. O varón quedou atrapado no seu interior, e tiña que ser rescatado por un veciño se desprazaba ata alí ca súa embarcación particular.
De seguido, o “salvador” informou ao 112 Galicia, sinalando que o mariñeiro atópase en perfectas condicións.
Fonte
- AXEGA.