Varias empresas da comarca reciben axudas para a transformación de productos

Unha empresa de Muxía desenvolverá unha nova liña de envaso de congro Varias empresas da zona recibirán ao longo deste ano axudas para a transformación de productos alimentarios. Así o constararon onte representantes da consellería do Mar e do Medio Rural en sendas visitas á Costa da Morte. Unha destas empresas é Lemar Elaboracións Artesáns, de Muxía, que desenvolveu unha nova liña de envasado de congro ao abeiro dun proxecto do Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro da Costa da Morte. Ata a sede da empresa desprazouse onte a conselleria do Mar, Rosa Quintana, acompañada pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez. Quintana destacou aquí que a consellería que ela dirixe aprobou este ano un conxunto de axudas para a posta en marcha de 75 proxectos para dinamizar as áreas litorais da comunidade por importe de case catro millóns e medio de euros. O novo proxecto de Lemar nace co obxecto de implantar unha nova liña de envase en pequeno formato e outra de concentrado de congro seco procedente do secadoiro de Muxía, un dos poucos que quedan en Europa dedicados a esta actividade artesanal. Así, a conselleira destacou que a posta en marcha desta iniciativa amosa a implicación do sector á hora de crear valor engadido aos seus produtos e acadar así maior valor económico polas súas vendas. Neste aspecto, resaltou que coa nova liña de envasado a empresa familiar Lemar pretende xerar máis vendas e aumentar así a actividade económica da empresa. Ao tempo, crearase un novo posto de traballo. Este proxecto foi subvencionado pola Consellería do Mar con case 7.000 euros no marco das axudas de 2018 a proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo. Productos agrarios Por outra parte, odelegado territorial da Xunta da Coruña, Ovidio Rodeiro, fixo onte balence das axudas para a comarca de Carballo-Costa da Morte da consellería do Medio Rural para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios do período 2014-2020 cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader). As axudas consisten en subvencións a fondo perdido para realizar actuacións en activos fixos materiais para a creación, ampliación e modernización das instalacións situadas na comarca destinadas á transformación e/ou comercialización de produtos agrarios. Rodeiro destacou “o importante deste tipo de axudas é que van encamiñadas a facer que as nosas empresas do rural amplíen a súa capacidade produtiva e sexan moito máis competitivas”. Serán cinco as empresas da comarca as beneficiadas por estas axudas e que están situadas nos concellos de A Laracha, Vimianzo e Cerceda que recibirán 1,2 millóns de euros para facer fronte a inversións que superan os 3,7 millóns de euros en total. Por áreas, na comarca Carballo Costa da Morte o máis importante é o relacionado con proxectos relacionados coa alimentación especialmente o cárnico con 3 proxectos cun investimento de 3,3 millóns euros e unha axuda de 1,2 millóns de euros. Séguenlle as iniciativas relacionadas coa produción de piensos. Hai dous proxectos que recibirán unha achega de 60.000 euros cun investimento global de 240.000 euros.   Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Consellería do Mar
  • Consellería do Medio Rural