A tradición e a calidade da gastronomía da Costa da Morte triunfaron en Xantar

A Gastronomia da Costa da Morte triunfou en Xantar Ourense 2017

Ata Ourense foron expedición dos Concellos de Carballo, Mazaricos, Vimianzo e Zas, ademais do de Muxía, para promocionar a gastronomía da Costa da Morte no 18º Salón Internacional de Turismo Gastronómico - Xantar. Unha boa oportunidade para participar ao amparo da Deputación da Coruña, que serviu de paraugas para a posta en valor dos nosos produtos.

Tradición e calidade combináronse para amosar os nosos produtos máis auténticos na feira. As filloas de Zas, o pan de Carballo, a tradicional receita do bolo do pote de Mazaricos ou a “arqueogastronomía” dos pinchos irmandiños de Vimianzo, foron grandes protagonistas no posto e nos showcooking da Deputación, xunto ao polbo á mugardesa, as tortas de Ortigueira, ou as troitas de Oroso.

“Apostar pola sustentabilidade, pola calidade e pola ligazón coa diversidade e variedade son as chaves do éxito e do crecemento. Para ter futuro, crear emprego e visibilizar a riqueza”, dixo a vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín.

 

As filloas á pedra de Zas

Showcooking coas Filloas a pedra de Zas no Xantar Ourense 2017

Como triunfaron esas marabillosas filloas á pedra de Zas. O alcalde foi presentando ás verdadeiras artistas da cociña, que fixeron as delicias dos asistentes con estas impresionantes filloas.

Expedición zasense no Xantar Ourense 2017

O Bolo do Porte de Mazaricos

O Bolo do Pote con selo MZ gustou

Fantástico o showcooking que realizou o Concello de Mazaricos na Feira, que deixou patente a tradición dos Bolos do Pote, este produto con historia asociado ao cocido galego fixo de substituto do pan en épocas de fame e carestía. O seu sabor particular fai del un prato curioso. A unión de Hostaleiros e as Amas de Casa serviron así ademais para poñern en valor a carne a pedra e o pan, outros produtos que representan perfectamente o selo de calidade dos #ProdutosMZ. Por outra banda, e de cara á Festa do Bolo do Pote, o concello organizará un concurso para os nenos e nenas do Concello, a través dos colexios, para que plasmen este prato. “É importante que as nenas e os nenos tomen conscien- cia das tradicións da súa zona porque é iso o que crea arraigo e sentimento de pertenza a unha comunidade”, explicou o alcalde.

O alcalde Juan José Blanco, fixo de presentador, recordando a importancia da Festa do Bolo do Pote, que xa ten 19 anos, e que ademais vaise realizar un concurso de debuxo polas escolas, para manter viva a tradición. Foron as Amas de Casa as que realizaron a demostración dos bolos, e as xentes do Restaurante Casa Pejo fixeron as delicias da carne a pedra. Ademais, a Casa Pito trouxo o seu auténtico Pan MZ, feito con trigo do país, como podedes ir comprobando neste vídeo:

https://www.facebook.com/concello.demazaricos/videos/1343417655715267/  

Arqueogastronomía en Vimianzo

Rosa Sánchez e Manolo Rial no Xantar cos pinchos Irmandiños de Vimianzo

Vimianzo tivo un especialista como presentador do showcooking dos pinchos irmandiños. Nada menos que Jorge Guitián fiou tradición e calidade para demostrar que a historia ten moito que dicir en materia gastronómica.

No posto estiveron Manolo Rial e Eosa Sánchez vestidos de época para amosar as marabillas, tanto salgadas como doces, do concello vimiancñes.

O alcalde abrindo o Showcooking dos Pinchos Irmandiños  

Premio para Carballo

Xose Regueira recolle o 3º premio ao mellor cartel do Xantar polo Carballo por etapas

Ademais da fantástica promoción do Pan e das Empanadas de Carballo, a Feira Xantar trouxo un premio para a vila. O concelleiro de Promoción Económica, Xose Regueira, regresou co 3º premio do 7º Concurso de Carteis de Festas Gastronómicas e Galicia e Portugal, gracias ao cartel de Carballo por Etapas, a ruta de tapas que organiza o Concello en colaboración con Axober.

Posto do Concello de Carballo en Xantar de Ourense 2017  

Muxía, ao seu ritmo

As entidades de Muxía Turismo Rural levaron o concepto slow ao Xantar. Neste caso baixo o paraugas de Turismo de Galicia, e acompañados pola Asoporcel, presentaron un completo paquete turístico facendo da gastronomía a lume lento un fin en si mesmo.

Presentacion do Muxia destino Slow no Xantar Ourense 2017  

Novas relacionadas

Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)