Falecen dous mozos ao caer no seu vehículo ao mar no porto de Muros

O vehículo recuperado polos mergulladores. Fotos: Xosé Sendón

Gran traxedia esta madrugada de venres ao sábado no porto de Muros. Un coche precipitábase ao mar arredor das 4:45h da madrugada con 4 persoas a bordo.

O 112 mobilizaba á Garda Civil, Protección Civil, Bombeiros de Cee, ao GES de Muros e aos membros de Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia.

Á chegada das forzas de seguridade, dúas das persoas conseguiran saír do vehículo, e foron trasladados ao polo 061 ao Hospital Clínico Universitario de Santiago.

O GES de Muros conseguía sacar aos outros dous dos ocupantes, que permanecían no coche afundido, pero os sanitarios nada puideron facer para salvalles a vida.

Os GEAS extraeron o vehículo do fondo do peirao.